Temos a sorte de anunciarvos que a autora Ana Meilán vai vir ao cole o próximo 26 de abril. É unha gran noticia poder contar con ela, e saber que vai pasar unha mañá con nós, o que nos permitirá que todo o alumnado do centro teña a oportunidade de coñecela e pasar una ratiño con ela. Vainos facer contacontos e tamén algún taller de escritura cos máis maiores.
Agardámoste cos brazos ben abertos.