Entre a semana pasada e esta tivemos a sorte de contar con tres familiares do alumnado do cole que viñeron a falarnos dos seus países de orixe. En primeiro lugar, veu Carolina de visita a quinto de primaria a contarlles un montón de cousiñas de Venezuela.
Outro día tivemos a sorte de contar con Wander, que estivo con sexto de educación infantil falándolles de Brasil.
Moitísimas grazas a todas as familias que se están implicando neste proxecto, porque está a ser algo moi enriquecedor para o alumnado. Sigamos unidad a nosa comunidade educativa.