Para conmemorar o Día Do Libro o alumnado do centro botou man da súa creatividade para crear portadas de libros, nas que apareceran eles mesmos como protagonistas, e debía estar relacionado co proxecto de centro Cipriano e os Servizos da Comunidade. Fixeron portadas chulísimas!!
venres, 8 de maio de 2026
luns, 5 de maio de 2025
CAIXAS DE CONTO
Este ano para conmemorar o Día do Libro o noso alumnado fixo grandes obras de arte. Cada aula realizou unha caixa de conto!! Tiveron un gran traballo para poñerse de acorde e seleccionar un conto que lles gustara a todos. Despois fixeron estas maravillas.
martes, 23 de abril de 2024
RECREANDO PORTADAS
Hoxe conmemamos o Día do Libro cunha recopilación de portadas que o noso alumnado recreou nas súas casas. Sodes uns artistas, porque o resultado quedou excelente. Cipriano está moi orgulloso!!
martes, 2 de abril de 2024
DÍA DO LIBRO
Achégase a celebración do día do libro, que se leva a cabo o 23 de abril. Xa que o noso proxecto do cole é Xogando con Cipriano, propoñémosvos unha actividade a modo de xogo que consiste en recrear a portada dun libro empregando o voso corpo (véxase o exemplo máis abaixo). Sacade unha foto e enviádenola ao seguinte correo:
abibliodecipriano@gmail.com
No email poñede o título do libro, así como o nome, apelidos e curso do alumn@.
Exemplos:
Faremos unha exposición con todas as vosas creacións, e haberá un pequeño agasallo para todos os participantes.
A data límite para o envío será o venres 19 de abril de 2024.
Esperamos as vosas interpretacións das portadas.
domingo, 23 de abril de 2023
LENDO NA VIDA, ONDE LES TI?
Seguindo co noso proxecto do cole, e baixo o lema "Lendo na vila, onde les ti?" o noso alumnado escolle diferentes recunchos do noso pobo para ensinarnos os seus libros favoritos. Recoñecedes todos estes lugares?
FELIZ DÍA DO LIBRO
luns, 17 de abril de 2023
Semana do día do libro
Entramos na semana da conmemoración do día do libro, que terá lugar o vindeiro domingo 23 de abril. Tendo presente o noso proxecto de centro de Cipriano na Península Da Paz animámosvos a realizar a seguinte actividade:
Animádevos a participar, xa que cantas máis fotos recibamos, máis recunchos do noso pobo coñeceremos. Queremos que tod@s e cada un/unha de vos nos recomendedes un libro.
Lembrade temos ata o vindeiro domingo 23 de abril para enviar as fotografías ao correo abibliodecipriano@gmail.com
xoves, 28 de abril de 2022
DÍA DO LIBRO CON ANA MEILÁN
Este pasado martes tivemos a sorte de contar con Ana Meilán no noso cole. Todo o alumnado pudo coñecela en plena acción, facendo varios contacontos dalgúns dos seus libros. A verdade e que foi unha experiencia incríble, na que os rapaces puideron interactuar e facerlle preguntiñas. Cos mais maiores do cole, fixeron un pequeño taller de escritura, metendo nunha cápsula do tempo as súas anotacións, co obxetivo de facer un encontro dentro duns aniños para abrilo e recordar o seu paso polo cole. A continuación, déixovos un pequeno vídeo-resumo.
Moitísimas grazas Ana Meilán pola visita.
domingo, 23 de maio de 2021
DEDICATORIA ANA MEILÁN
Fai uns días, recibimos no cole un agasallo dunha gran autora, ANA MEILÁN. Moitísimas grazas de parte de todo o cole!
domingo, 25 de abril de 2021
Día do libro
O pasado venres 23 de abril celebramos o día do libro no CEIP Península da Paz.
Cada un de nós levamos o noso LIBRO FAVORITO para recomendarllo aos nosos compañeiros/as.
Aquí podedes ver as nosas propostas.
Día do Libro CEIP Península Da Paz - Kizoa Movie Maker
-
Este pasado martes día 1 de abril tivemos a sorte de contar no cole ca gran escritora Ana Meilán, da que temos unha chea de libros delas. To...
-
O noso alumnado de educación infantil preparou este teatro de sombras para participar como actividade na Microrrede de A Mariña, na que a te...
-
Un ano máis por estas datas, Cipriano organiza a actividade de Aprendemos Xogando, na que todo o alumnado do centro vai durante unha hora á ...

