No mes de maio realizamos a nosa xornada, xa anual, de aprender matemáticas xogando. Consiste en coñecer, repasar e divertirse con xogos de mesa que temos na nosa biblioteca e que traballan diferentes conceptos matemáticos.
luns, 1 de xuño de 2026
luns, 22 de decembro de 2025
APRENDEMOS XOGANDO
Un ano máis, levamos a cabo unha actividade con todo o alumnado do centro que pasou unha horiña pola biblioteca para coñcer novidades creativas para sacar ideas para esas cartas de nadal, e de paso, aprendemos linguas, matemáticas...xogando.
martes, 16 de decembro de 2025
RECOMENDACIÓNS LECTORAS E CREATIVAS PARA O NADAL
Neste 2025 Cipriano fixo unha selección de contos, libros e xogos para que o alumnado anotara nas súas cartas deste nadal.
luns, 21 de abril de 2025
Cipriano Creativo
Xusto antes de rematar o segundo trimestre e antes de irnos de vacacións de Semana Santa, Cipriano amosounos algúns dos materiais que chegaron ao centro dende o proxecto Polos Creativos da Consellería de Educación.
Tivemos a sorte de poder probar este material que a partir de agora poderemos disfrutar nas aulas e nas horas de recreo.
Nunca deixedes de crear.
martes, 17 de decembro de 2024
Aprendemos Xogando
Un ano mais, facemos a nosa tradicional edición de Aprendemos Xogando, onte todo o alumnado do cole pasa pola biblioteca para aprender xogando con xogos de mesa. Non só queremos que os coñezan senon tamén que lles entre a curiosidade e que algún deles aparezca na carta de agasallos desta tempada. Moi boas festas!!
mércores, 7 de agosto de 2024
Revista Atalaia XIII
Un ano máis, aquí podedes ver o resultado do traballo realizado por todo o alumnado e profesorado do centro en relación co proxecto de centro “Xogando con Cipriano”.
Grazas a tod@s @s que facedes posible que Cipriano siga medrando.
xoves, 6 de xuño de 2024
Mes das matemáticas
O pasado mes de maio foi o mes das matemáticas, polo que aproveitamos para levar a cabo as nosas xornadas na biblioteca.
Todo o alumnado pasou pola biblio para repasar contidos de mateméticas cos diferentes xogos de mesa que ten Cipriano, todos adaptados ás idades de cada grupo.
É unha boa forma de repasar xogando!!
venres, 17 de maio de 2024
TORNEOS DE PATIO
Os nosos voluntarios de biblioteca organizaron uns torneos de xogos de mesa que se están a levar a cabo durante os recreos dos mércores e xoves. É un privilexio, xa que eles son capaces de organizar e controlar podo o proceso do torneo.
Ao principio estaban nerviosos por si non se apuntaban nen@s, pero nesta imaxe podedes ver a afluencia de alumnado que se achega a ver o torneo con ganas de participar.
xoves, 1 de febreiro de 2024
DESAFÍOS COOPERATIVOS
venres, 15 de decembro de 2023
Aprendemos Xogando
Nunca deixedes de xogar!!
luns, 30 de outubro de 2023
RECOMENDACIÓNS DE SAMAÍN
luns, 15 de maio de 2023
Semana das matemáticas
domingo, 18 de decembro de 2022
APRENDEMOS XOGANDO
Un ano mais levamos a cabo polas datas do nadal a nosa semana de APRENDEMOS XOGANDO, na que todas as aulas do cole pasan unha hora na biblioteca para coñecer e xogar aos nosos xogos educativos. Xa está en marcha e o alumnado está disfrutando e aprendendo sen darse conta. Algún deles, xa levou apuntado nun papeliño para añadir algún xogo na súa carta ao Apalpador ou aos Reis Magos.
Aínda nos quedan un par de días, pero déixovos algunhas fotiños desta semana.
xoves, 16 de decembro de 2021
RECOMENDACIÓNS DE NADAL
Aínda que non volo creades, xa chegamos ao Nadal, e como non podía ser doutra maneira Cipriano preparou unha serie de recomendacións lectoras para que podades pedir nas vosas cartas tanto a Papá Noel como aos Reis Magos, porque xa sabedes que cos libros podemos vivir grandes aventuras. Cipriano pensou en todos vos, porque fixo recomendacións para os mais pequechiñ@s, para os median@s e @s maiores do cole, pero tamén para os papis e mamis.
venres, 11 de xuño de 2021
APRENDEMOS XOGANDO
Esta semana celebramos na biblio as xornadas de APRENDEMOS XOGANDO, onde gozamos coñecendo os novos xogos da biblioteca, cos cales repasamos matemáticas, lingua, traballamos a lóxica...no seguinte vídeo podedes ver que ben o pasamos.
Aprendemos Xogando na Biblio de Cipriano - Kizoa Movie Maker
-
Este pasado martes día 1 de abril tivemos a sorte de contar no cole ca gran escritora Ana Meilán, da que temos unha chea de libros delas. To...
-
O noso alumnado de educación infantil preparou este teatro de sombras para participar como actividade na Microrrede de A Mariña, na que a te...
-
Un ano máis por estas datas, Cipriano organiza a actividade de Aprendemos Xogando, na que todo o alumnado do centro vai durante unha hora á ...



.jpeg)


