Amosando publicacións coa etiqueta Recuncho de familias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recuncho de familias. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de maio de 2023

Inauguración do Recuncho de Familias

O pasado día 15 de maio, aprroveitando o día da familia, inauguramos o noso pequeno recuncho de familias, con fondos que poden ser de interese para as familias do noso alumnado. 

Queremos agradecer a axuda obtida por parte do equipo directivo, mestr@s do centro e a Bea (asesora de bibliotecas escolares) pola presenza a este acto. Pouco a pouco iremos facendo medrar este recuncho.


Moitas grazas por seguir facendo crecer a Cipriano e a súa biblio.

mércores, 10 de maio de 2023

Inauguración Recuncho de Familias

O vindeiro luns 15 de maio, coincidindo co día das familias, ás 18.00h imos inaugurar o noso RECUNCHO DE FAMILIAS. Nel poderedes atopar libros de información que poden ser de interese para as familias do noso alumnado. 

No acto inauguración, recibiredes toda a información necesaria sobre este recuncho así como os carnets para aquelas familias que ao comezo de curso quixeron facerse socias da nosa Biblio de Cipriano. 




Moitas grazas!!