mércores, 10 de maio de 2023

Inauguración Recuncho de Familias

O vindeiro luns 15 de maio, coincidindo co día das familias, ás 18.00h imos inaugurar o noso RECUNCHO DE FAMILIAS. Nel poderedes atopar libros de información que poden ser de interese para as familias do noso alumnado. 

No acto inauguración, recibiredes toda a información necesaria sobre este recuncho así como os carnets para aquelas familias que ao comezo de curso quixeron facerse socias da nosa Biblio de Cipriano. 




Moitas grazas!!