Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca Escolar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca Escolar. Amosar todas as publicacións

venres, 29 de maio de 2026

AS MULLERES COIDADORAS - 8M

Para conmemorar o Día da Muller, decidimos poñer en marcha a nosa radio do cole e o alumnado entrevistou a diferentes mulleres da nosa contorna que traballan nos servizos da nosa comunidade. Foron momento moi enriquecedores. Entrevistamos á nosa coidadora do centro, a médicas, a coidadoras do centro de día e residencial, a coidadora da escola infantil...

En breve subiremos os audios!!





...


LECTURAS ENTRE AULAS

Este curso académico o voluntariado de biblioteca realizaron ao longo do curso diferentes lecturas ao alumnado máis pequeno. Foi unha gran experiencia, tanto para os maiores como para os máis peques.






XABIER BLANCO NOGUEIRA NO PENÍNSULA DA PAZ

Tivemos a sorte de ter connosco a Xabier Blanco Nogueira, músico co cal aprendimos unha morea de cousas relacionadas cos instrumentos propios da nosa comunidade.



luns, 18 de maio de 2026

CONTACONTOS DE BEGOÑA CAAMAÑO - DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, e a pesar de que a homenaxeada Begoña Caamaño non conta con literatura axeitada ao noso alumnado, coñecimos a súa historia dunha forma moi amena a través dunha contacontos.




xoves, 30 de abril de 2026

DÍA DE ROSALÍA 2026

Este ano decidimos crear un mural para destacar o papel de Rosalía, traballando así a súa biografía, bibliografía...tendo en conta os diferentes niveis do alumnado.




martes, 10 de marzo de 2026

OS NOSOS SERVIZOS DA COMUNIDADE

Ao longo do curso escolar o alumnado descubreu en primeira persoa o traballo de diferentes persoas que se adican aos servizos da comunidade, dende os que temos preto como a Policía Nacional, o funcionamento do Helicóptero Pesca 2, ata como funciona un Carrefour.

Aprendimos un montón de cousas de todos eles.





luns, 22 de decembro de 2025

DÍA DAS PERSOAS CON disCAPACIDAD - CONVIVENCIA

Para non perder a tradición e as boas costumbres, tivemos unha xornada moi importante de inclusión, experiencias, convivencia e moito aprendizaxe con usuarios e usuarios de ASPANANE (Viveiro). 




martes, 16 de decembro de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS E CREATIVAS PARA O NADAL

Neste 2025 Cipriano fixo unha selección de contos, libros e xogos para que o alumnado anotara nas súas cartas deste nadal. 




martes, 9 de decembro de 2025

CONTACONTOS DA APALPADORA

No día de hoxe tivemos no cole á Apalpadora mais ao seu irmán para contarnos a súa historia con música.

Que ben o pasamos!!




mércores, 26 de novembro de 2025

SEMENTANDO IGUALDADE NO PENÍNSULA DA PAZ 25N

O pasado 25 N tivemos diversas actividades para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero.

O Concello de Cervo organizounos no centro unha representación teatral a cargo da ASOCIACIÓN DE SAÚDE MENTAL DA MARIÑA. Alumnado de 5º e 6º de primaria disfrutaron da obra ¨Os soños de Adelina".

Instalamos un mural: "SEMENTANDO IGUALDADE". No mural cada un dos nosos alumnos  plasmou a súa mensaje pola igualdade a través de pétalos ou follas nunha gran árbore. Nesa paisaxe tamén había algunha mensaxe negativa en follas que os alumnos tiveron que identificar e tirar no lixo.

Todo isto o tedes resumido no seguinte vídeo:



mércores, 22 de outubro de 2025

UN MAR DE DIVERSIDADE

A asociación Guillem Veiga Iglesias organiza esta actividade no noso centro con gran aceptación no noso alumnado. O proxecto consiste na realización de eventos de concienciación nos centros educativos e confrarías colaboradoras do territorio da mariña lucense enmarcando o concepto de diversidade na variedade de pesca que existe na contorna co obxectivo de que os nenos . vivan as diferentes discapacidades en primeira persoa para empatizar e despertar o interese na diferenza e as dificultades que a sociedade lle impón a estas persoas.

 


martes, 13 de maio de 2025

"Os tres porquiños" en teatro de sombras

O noso alumnado de educación infantil preparou este teatro de sombras para participar como actividade na Microrrede de A Mariña, na que a temática deste ano era a Biblioteca a escena.

Quedoulles un traballo precioso!! 



luns, 5 de maio de 2025

CAIXAS DE CONTO

Este ano para conmemorar o Día do Libro o noso alumnado fixo grandes obras de arte. Cada aula realizou unha caixa de conto!! Tiveron un gran traballo para poñerse de acorde e seleccionar un conto que lles gustara a todos. Despois fixeron estas maravillas.




luns, 21 de abril de 2025

Cipriano Creativo

Xusto antes de rematar o segundo trimestre e antes de irnos de vacacións de Semana Santa, Cipriano amosounos algúns dos materiais que chegaron ao centro dende o proxecto Polos Creativos da Consellería de Educación. 

Tivemos a sorte de poder probar este material que a partir de agora poderemos disfrutar nas aulas e nas horas de recreo.

Nunca deixedes de crear.



venres, 4 de abril de 2025

Contacontos con Ana Meilán

Este pasado martes día 1 de abril tivemos a sorte de contar no cole ca gran escritora Ana Meilán, da que temos unha chea de libros delas. Todo o alumnado puido aproveitar e escoitala contando as súas historias, dende os máis pequeniños ata o maiores de quinto e sexto de primaria. Foi todo un pracer. 

Ana estás invitada sempre que queiras.



domingo, 23 de febreiro de 2025

Día de Rosalía 2025

O alumnado de cuarto de Educación Primaria preparou este poema que temos exposto no centro, para conmemorar o día de Rosalía.




luns, 27 de xaneiro de 2025

Microrrede A Mariña

Esta semana os voluntarios da biblio de Cipriano estiveron preparando a nosa parte do traballo colaborativo para a Microrrede da Mariña. Nesta ocasión tivemos que facer un monicreque, que o fixemos como se fora Cipriano, e despois gravar un pequeno video que formará parte da obra conxunta entre todas as bibliotecas pertencentes á Microrrede.

Déixovos a nosa parte, que vos parece?



luns, 23 de decembro de 2024

Calendarios de advento

Un ano máis, Cipriano preparou uns calendarios de advento con recomendacións tanto lectoras como creativas que o alumnado de cada nivel ía descubrindo cada día da semana. Moitos deles, apuntaban nas súas axendas estas recomendacións.





venres, 20 de decembro de 2024

Recomendacións de Nadal

Outra entrada tradicional no noso blogue son as recomendacións tanto lectoras como recreativas para estas datas de nadal. Non dubides en botarlle unha ollada.





martes, 17 de decembro de 2024

Aprendemos Xogando

Un ano mais, facemos a nosa tradicional edición de Aprendemos Xogando, onte todo o alumnado do cole pasa pola biblioteca para aprender xogando con xogos de mesa. Non só queremos que os coñezan senon tamén que lles entre a curiosidade e que algún deles aparezca na carta de agasallos desta tempada. Moi boas festas!!