venres, 10 de maio de 2024

MICRORREDE DE A MARIÑA

Como segundo curso consecutivo o noso cole participou na exposición organizada pola Microrrede de A Mariña, que nesta edición levaba por título a "RÚA DA MICRORREDE, A MARIÑA HOMENAXEA A IBÁÑEZ". 

Todos os centros participantes elaboraron un cadro no que representan o seu proxecto anual. No noso caso, plasmamos o proxecto XOGANDO CON CIPRIANO, creado por todo o alumando do centro.

Foi unha experiencia poder compartir cos demáis compañeir@s dos centros de toda a Mariña esta semana de exposicións.