domingo, 28 de abril de 2024

CINE CON CIPRIANO

O noso voluntariado da biblio leva traballando unhas semanas para preparar novas actividades para o noso alumnado do cole. Neste caso é o grupo de cine o que vai levar a cabo a actividade CINE CON CIPRIANO. 

A primeira sesión vai destinada ao alumnado de quinto e sexto de educación primaria e proxectarase a película LEGO LA PELÍCULA. Ten unha duración aproximada de 1 hora e 40 minutos, e a sesión será este vindeiro martes día 30 de abril ás 16.00h. 


Animádevos a pasar unha tarde de cine con Cipriano. Non te quedes sen a túa entrada!!