venres, 22 de marzo de 2024

DÍA DA POESÍA

O día 21 de marzo conmemoramos o DÍA MUNDIAL DA POESÍA. En colaboración co Equipo de Dinamización Da Lingua Galega, creamos un mostrario no corredor onde expuxemos unhas recomendacións lectoras de poesía que podedes atopar na biblio de Cipriano durante todo o ano, e propuxemos ao alumnado inventar poesías.


Nunca deixes de ler.