xoves, 23 de marzo de 2023

Día da árbore na nosa contorna

No día de onte, con motivo da conmemoración do día da árbore, tivemos a sorte de contar cun obradoiro de plantación de árbores frutais ananas dentro do recinto escolar e árbores autóctonas nunha parcela municipal do concello. Esta actividade realizouse grazas ao Concello de Cervo a través da delegación de medio ambiente, na que participou todo o centro educativo.

A continuación, déixovos un vídeo resumo dalgúns momentos de día de onte.