No día de onte fixemos unha cadea humana no noso pobo con mais de 500 persoas para conmemorar o Día da Non Violencia e a Paz, na que contamos coa participación da Escola Infantil de San Ciprián, o IES Marqués de Sargadelos, o CEIP de Cervo, persoas da Residencia e Centro de Día de San Ciprián, da Asociación de Saúde Mental "A Mariña" e do Concello de Cervo.
Queremos agradecer unha vez mais a tod@s @s participantes por facer posible este evento.