domingo, 23 de xaneiro de 2022

Comezamos co noso proxecto de CIPRIANO POLO MUNDO

Xa estamos de volta e con moitas novidades. Comezamos coa nova decoración da porta da biblio, na que facemos referencia ao noso proxecto do cole de CIPRIANO POLO MUNDO, que nos invita a embarcarnos nunha nova aventura, vés connosco? 


Por outra banda, esta semana pasada Cipriano deixounos unhas caixiñas cunha carta e unha pista. Cóntovos de que vai. Cipriano viaxou a diferentes países e cada aula ten que adiviñar que país visitou seguindo as pistas que él vai enviando. A semana pasada no correo viña unha silueta do país. 


Houbo varias clases que xa adiviñaron o país, porque foron a consultalo no noso mapa xigante imantado, e xa comezaron a traballar cousiñas. 


Agora tedes que esperar a ver que cousiñas nos envía Cipriano esta semana. Penso que o correo está a piques de chegar.